Reparto
TIO SANFONA António Vieites Rodríguez
CARMELA Alicia Sarmiento González
A NAI Maíca López de Prado Nistal
O PAI Pedro Cobo Domínguez
COMPADRE Xosé Luís Barrera Rei
PAPA César Álvarez Oliveros
Director Eduardo Gutiérrez Fernández
Representacións
Teatro Ribadeo Velada benéfica: Festival do Nadal 27 Decembro de 1983 (1ª representación do grupo de teatro)
Teatro Ribadeo
Xornadas culturais no medio rural 1985 Rinlo na escola vella
Xornadas culturais no medio rural 1985 A Rochela Casa Pedrolo
Adaptación do conto
Grupo de teatro da A.C.F.L.
Texto:
Libro: Contos
Autor:Enrique Labarta Pose
Editorial: Castrelos
Enrique Labarta Pose naceu en Baio, axuntamento de Zas (A Coruña), o 22 de xullo de 1863, e morreu en Barcelona en maio de 1925. Licenciouse en Direito pola Universidade de Compostela. Foi empregado de Facenda, como Curros e Vaamonde Lores. Residiu muitos anos en Pontevedra.As dotes de humorista de Labarta manifestan-se nos seus contos con superior relevo. Estes contos son eminentemente populares, e neles reflexa-se con verdadeira autenticidade a sicoloxía da xente da aldea. (...) “ O segredo do tio Sanfona”, que Labarta presenta como recibido da tradición, está desenrolado con muita felicidade e ten verdadeira gracia. (...) Todo nestes contos é enxebre, e contido moral e diálogo son expresión fidel do sentir e do dicer das nosas xentes humildes.
RICARDO CARBALLO CALERO
Comentarios
Publicar un comentario