Letras Galegas 2018

Actividades que a nosa asociación promove cara á celebración das Letras Galegas:


1. Contra-recital salvaxe de Lois Pérez, presentando o seu disco Long Play.
    Sábado, día 12, ás 20:30 h, no Teatro.

2. Un libro e un caravel. Como todos os anos, e en colaboración coas librarias de Ribadeo, agasallamos con un marca-páxinas e un caravel a aquelas persoas que compren un libro en galego no 17 de Maio e fin de semana seguinte.

3.  Manifestación nacional polo galego. Como parte de Queremos Galego que é esta asociación, promovemos a manifestación en defensa do galego do 17 de Maio. Se quixeres ir en bus, anótate!


Comentarios