Desde a Agrupación Cultural Francisco Lanza saudamos
a aparición, para o próximo ano, dun xornal diario no noso idioma e
centrado en contar o que sucede en Galiza e no mundo desde unha
perspectiva galega, O DIARIO GALEGO.
Queremos que coñezas de primeira man como está pensado e darche a posibilidade de manifestares a túa opinión.
Contaremos coa presenza de Xoán Costa, presidente do Consello de Administración do Sermos Galiza e con Farruco Graña, profesor e escritor.
A nosa historia contámola nós.
Comentarios
Publicar un comentario